ELABORAMOS CAFÉ DE CALIDADE, ARTESÁN E CADA DÍA MÁIS SOSTIBLE
Dende o máximo coidado da materia prima e a mellora continua de procesos, traballamos por e para ti, entendendo as túas necesidades e asesorándote para que atopes o TEU café.
Para acadar este punto necesítase unha auténtica sintonía entre o teu equipo e o noso, que nós denominamos “axuste de perfís”.
Máis alá dunha relación comercial estándar, queremos acompañarte a un círculo de formación e mellora continua que te leve á busca da excelencia en cada cunca de café.
Natural. Artesanal. Local.
A escola do café
“A Escola do Café” nace no ano 2004 como un proxecto de formación continua que poñemos a disposición dos nosos clientes e escolas profesionais en grupos reducidos.
Consiste en cursos adaptados a diferentes niveis de coñecemento, con un temario que abarca dende o uso e mantemento de unha cafeteira e muiños (boas prácticas, moenda, dosificación, erogación… etc) ata a correcta elaboración dun espresso ou a coctelería de café.
Para nós tamén é un proceso moi enriquecedor debido á propia experiencia dos asistentes e ó intercambio xeracional que se produce nas sesións. Compartir é unha moeda de dúas caras: ensinar e aprender.
Se eres un profesional da hostalaría e buscas ofrecer unha gran experiencia ós teus clientes, temos unha boa cunca de café para ti.
O amor polo café non só se atopa nas mellores cafeterías, tamén nas tendas de produtos selectos.