Coñécenos

A NOSA FILOSOFÍA: NATURAL, ARTESÁN, LOCAL.

CAFES LUA é unha empresa galega con máis de 30 anos de experiencia no sector, dedicada ó torrado e distribución de café dende 1989.

En todo este tempo optimizamos a aprendizaxe e acumulamos a experiencia e a actitude necesarias para actualizar e reinventar un produto que se consume masivamente dende fai máis de 2.000 anos.

Para nós, os amantes do bo café teñen nome e apelidos.

A nosa plantilla: xoven (sobre todo de espírito), ilusionada e moi cualificada.


Se de algo estamos orgullosos en Cafés Lua é do noso equipo. Pode que soe a cliché, pero neste caso realmente somos unha familia.

“Amor polo café” non é só un lema de empresa, senón o que impulsa a tódolos membros de CAFES LUA a traballar nisto.

A actitude positiva, na busca da mellora continua, así como o orgullo polo traballo “ben feito” é o que nos distingue.

O obxecto da Empresa é a fabricación e comercialización do café, pero o noso traballo non consiste só en comercializar café. A venda é só unha acción puntual, concreta, dentro dun concepto moito máis amplo e enriquecedor que é “o servizo de xestión de produto”. Esta motivación foi a que nos levou a crear unha escola para os amantes do café, con nome e apelidos.

A excelencia é un camiño que se iniciou sempre na fase anterior.

O torrado, a nosa firma.


O proceso de fabricación comeza na selección do gran verde, con pequenas mostras e catas das distintas partidas, buscando sempre unha continuidade e homoxeneidade nas calidades e cualidades do café. Ó descartar o gran con defectos na preselección, podemos pensar nun torrado de optimización sen ter que preocuparnos por “tapar” imperfeccións.

O noso mestre torrador conta cunha ampla experiencia en cafés de alta gama e está capacitado para lograr o desenrolo organoléptico (aquelas cualidades que percibimos polos sentidos: aroma, cor, sabor…) óptimo para cada orixe do café, conseguindo así o acabado perfecto.

A isto hai que sumarlle a planificación da produción, de maneira que o café chegue ó consumidor 15-20 días despois de ser tostado, é dicir, no momento de plenitude para o seu disfrute.

Scroll to Top