amor por el café

O toste é a esencia, a firma, o toque persoal da casa.
Impreso a lume lento por orixes e tostado ao estilo tradicional.

Blend

Blends

CAFES LUA conta na súa liña de produción con 6 blends propios, receita orixinal do mestre  tostador. A gran maioría dos grans utilizados na fabricación dos nosos cafés son da variedade arábica, con orixe nas principais rexións produtoras de café: Colombia, Brasil, Costa Rica, Nicaragua, Honduras, etc.

Orixes

Poñemos a disposición dos nosos clientes unha selección dos mellores orixes procedentes das principais rexións produtoras de café: Brasil, Colombia, Costa Rica, Etiopía, Guatemala, Perú e Kenia.

Tamén contamos cun café ecolóxico certificado con orixe en Honduras. Tódolos produtos da nosa carta de orixes son torrados baixo pedido, de maneira que se reciben sempre coa máxima frescura.

orígenes
Blend

Cápsulas

CAFES  LUA presenta a súa nova liña de café  gourmet en cápsulas, envasadas no momento óptimo para garantir que se manteñan a súa frescura e calidades  organolépticas.

Para envasar o noso café recentemente tostado unicamente usamos cápsulas sostibles 100 % biodegradables e compostables, compatibles coa túa cafeteira Nesspresso.