- Cafés Lúa/
- Comprar Café/
- Flor de Lúa
Flor de Lúa
Café natural gourmet cultivado en altura.
Aforra un 10 % coa túa subscrición mensual de café
Envío gratuíto a partir de 25€ de compra na Península
Prazo de entrega: 48 – 72 horas
Pagos 100% seguros: Tarxeta de crédito e Bizum
O noso café gourmet máis especial. Foi concibido inicialmente para obsequiar ós nosos clientes, pero tralo éxito e valoración acadada, incorporouse á liña de produción. É un blend de variedade 100% arábica lavado, de gran altura (SHG), procedente de plantacións cultivadas entre 1.600- 1.800 m de altitude. Ten un baixo nivel de cafeína, ideal para calquer momento do día no que dispoñas duns minutos para disfrutar dunha cunca de bo café. Presenta unha acidez alta, corpo equilibrado, lixeiramente doce e afroitado, de profundo aroma con notas cítricas. O momento de incorporación deste produto á cadea de produción supuxo un verdadeiro punto de inflexión na orientación comercial da Empresa, xa que só un cliente gourmet adquire un café gourmet.
Cal é o tempo estimado de envío e os custos de transporte?
- O prazo de entrega será de 48 a 72 horas.
- Envíos á España peninsular: 4,99€ | Gratis a partir de 30€.
- Envíos ás Baleares: 7,50€ | Gratis a partir de 45€.
- Envíos a Portugal: 7,50€ | Gratis a partir de 45€.
Política de devolucións:
O prazo de desistimento será de 14 días naturais desde o día no que se recibiu o pedido. O reembolso realizarase seguindo o mesmo método de pagamento utilizado na compra. Ao seren produtos alimentarios, non se aceptarán devolucións se as embalaxes do produto e todos os seus compoñentes non son os orixinais ou se estes non se atopan ou non están en perfecto estado. Non utilice precintos ou cintas adhesivas sobre os mesmos. Os gastos directos ocasionados pola devolución serán aboados polo cliente.
Como coñecer o estado do pedido?
Poderás consultar o estado do teu pedido no perfil de usuario se creaches unha conta. Igualmente, para calquera información acerca do pedido ou calquera outra dúbida, poderás chamarnos ao teléfono de atención ao cliente 981755907 ou escribirnos un correo electrónico á dirección tienda@cafeslua.com.
Cafés recomendados