Estás en:
-0%

Kenia AA Plus

Cítrico e con carácter, a froita feita café.

12,00€ 12,00€
Precio mensual:

Aforra un 10 % coa túa subscrición mensual de café

Envío gratuíto a partir de 25€ de compra na Península

Prazo de entrega: 48 – 72 horas

Pagos 100% seguros: Tarxeta de crédito e Bizum 

Tes dúbidas sobre este produto?

Café de variedade arábica por vía húmida, cultivado a 1.800 – 2.000 m de altitude. Trátase dun café equilibrado e suave, moi uniforme. Expón unha cunca limpa con corpo medio, acidez cítrica (recorda ó limón) e sabor doce. A recolección realízase completamente a man. Os membros das cooperativas adoitan recolectar as cereixas vermellas maduras 5 días á semana durante a campaña principal e 1 vez á semana a chamada "recolección de moscas" ou colleita secundaria. Tralo lavado das cereixas, que se realiza por gravidade con axuda de auga, procédese a unha fermentación seca que terá unha duración de 36 a 72h, dependendo do grado de madurez da froita e a temperatura do aire.


  • O prazo de entrega será de 48 a 72 horas.

  • Envíos á España peninsular: 4,99€ | Gratis a partir de 30€.

  • Envíos ás Baleares: 7,50€ | Gratis a partir de 45€.

  • Envíos a Portugal: 7,50€ | Gratis a partir de 45€.


O prazo de desistimento será de 14 días naturais desde o día no que se recibiu o pedido. O reembolso realizarase seguindo o mesmo método de pagamento utilizado na compra. Ao seren produtos alimentarios, non se aceptarán devolucións se as embalaxes do produto e todos os seus compoñentes non son os orixinais ou se estes non se atopan ou non están en perfecto estado. Non utilice precintos ou cintas adhesivas sobre os mesmos. Os gastos directos ocasionados pola devolución serán aboados polo cliente.


Poderás consultar o estado do teu pedido no perfil de usuario se creaches unha conta. Igualmente, para calquera información acerca do pedido ou calquera outra dúbida, poderás chamarnos ao teléfono de atención ao cliente 981755907 ou escribirnos un correo electrónico á dirección tienda@cafeslua.com.


Lúa Pantone